6 feb 2017

ANIVERSARIO DE NOA,RUBÉN,LARA E DIEGO.


Ao voltar das vacacións xuntáronse catro compañeiros/as de clase para celebrar os seus aniversarios xa que todos coincidían neste mesmo mes. Todos cumplían 10 anos excepto Rubén que xa fixo 11. Trouxéronnos unha rosca moi rica e unhos zumos. Parabéns!!! Que maiores vades!!
Aquí vos poñemos uns recordos!



 

5 ene 2017

FESTIVAL DE NADAL 2016

Este ano tocamos a canción JINGLE BELLS ensaiada polo profe de Música Elías! Grazas profe, por ter tanta paciencia!
 Iamos vestidos de blanco e vaqueros co gorriño vermello de Papá Noel adornando a nosa cabeza.
Agora toca disfrutar das vacacións, xa que nos esforzamos moito neste 1º trimestre!!







VÉMONOS Á VOLTA !!!!!!!













NADAL CON RECICLAXE

Como xa é tradición no cole toca adornar para Nadal.!!
Dende o equipo da Biblioteca nos mandan 2 tarefas: adornar 1 caixa de cartón para formar parte dunha árbore xigante no hall do colexio e engalanar a porta da clase para participar no Concurso de Portas de Nadal con materiais de refugallo.
Puxémonos mans a obra e o resultado final foi  estupendo..!


Pintando a caixa para a árbore
A porta da clase de 4º.
O noso Papá Noel entrando pola cheminea



Quedou moi orixinal!




Pero tamén participamos na Postal  de Nadal e a elixida da nosa clase foi a de Estela! Noraboa!!



E finalmente escribímola Carta aos Reis Magos cheos de ilusión e esperanza desexando recibir eses agasallos tan ansiados!!








A foto co aguinaldo dos Reis Magos!
























ANIVERSARIO DE ELBA

E para rematar o mes tivemos o aniversario de Elba, que moi feliz e radiante nos trouxo unha tarta casera feita con galletas, chocolate e adornada con osiños de gominola.
Esto foi o 28 de Novembro!! Cantámoslle, démoslle un tirón de orellas e a degustar esa tarta que estaba...de " rechupete". 
NON PERDAS O COSTUME!!  PARABÉNS!!!!





OBRADOIROS TALENTEA

Ao longo do mes de Novembro tiveron lugar unhas charlas e talleres sobre a Igualdade de Xénero propostos polo Concello de Oia para tódolos niveis de Educación Primaria.Foron impartidas por Miriam Méndez de Talentea e por Rosario Miletich , a educadora familiar do concello.
Ao rematar éstes, propúxose facer uns relatos ou debuxos sobre o aprendido e entregar uns premios o 25 de Novembro, Día Internacional da Violencia de Xénero.
Na nosa clase a temática foi distinta, pois debido a conlictos e pelexas no grupo-clase traballouse a mellora das actitudes e comportamentos entre compañeiros.
O relato gañador foi o de Diego. Ese día saiu a ler o seu relato e agasalláronno cun conto.
NORABOA!!! A SEGUIR ASÍ COSECHANDO ÉXITOS!!!









4 ene 2017

VOZ NATURA: ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES 2016

Dende o departamento de Voz Natura do cole este 1º Trimestre suxírennos traballar un proxecto sobre os legumes,  coincidindo que este ano 2016 é o Ano Internacional dos Legumes segundo as Nacións Unidas.
Fixemos distintos equipos e investigamos o que son as legumes, as distintas variedades de legumes, como se sementan e recollen, receitas de cociña con legumes e incluso debuxos de Pástica  feitos con legumes.con legumes.
Expuxémolo na clase e quedounos un mural " moi chulo"!!!!!
Podedes ver o resultado final:

Marisa Villada de Slidely by Slidely Slideshow



ANIVERSARIO DE SABELA

Dous días despois de Jaime, cumple anos a nosa compañeira Sabela.Con tanto doce xunto imos a coller uns kiliños. Ao voltar da clase de Música e antes de sairmos ao recreo unha das súas compañeiras,  Xiana, tocoulle unha peza moi bonita co seu saxo soprano . Logo comimos a rosca e dímoslle as felicitacións!!

PARABÉNS SABELA!

Aquí vos deixamos unha mostra!!