5 ene 2017

OBRADOIROS TALENTEA

Ao longo do mes de Novembro tiveron lugar unhas charlas e talleres sobre a Igualdade de Xénero propostos polo Concello de Oia para tódolos niveis de Educación Primaria.Foron impartidas por Miriam Méndez de Talentea e por Rosario Miletich , a educadora familiar do concello.
Ao rematar éstes, propúxose facer uns relatos ou debuxos sobre o aprendido e entregar uns premios o 25 de Novembro, Día Internacional da Violencia de Xénero.
Na nosa clase a temática foi distinta, pois debido a conlictos e pelexas no grupo-clase traballouse a mellora das actitudes e comportamentos entre compañeiros.
O relato gañador foi o de Diego. Ese día saiu a ler o seu relato e agasalláronno cun conto.
NORABOA!!! A SEGUIR ASÍ COSECHANDO ÉXITOS!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario